Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PPdeG critica as subas dos prezos das autoestradas galegas anunciadas polo Goberno central

O PPdeG critica as subas dos prezos das autoestradas galegas anunciadas polo Goberno central

O Ministerio de Transportes sinala que a AP-9 encarecerá un 6,55 % e a AP-53, algo máis dun 5 %

G24.gal 30/12/2023 16:52

As peaxes das autoestradas de titularidade estatal subirán a partir deste luns por riba do IPC. Informaba nunha nota de prensa este sábado o Ministerio de Transportes, que sinala que a AP-9 encarecerá un 6,55 % e a AP-53, que conecta Santiago con Dozón, algo máis dun 5 %.

Son as terceiras que máis soben de España. Din que a suba serían aínda maior de non continuar as subvencións ás peaxes que  se aplican dende comezos de 2023 para mitigar os efectos da inflación. Esas subvencións iranse retirando de forma progresiva ata a 2026.

O Ministerio sinala que as subvencións aforráronlles aos usuarios das autoestradas de toda España 33 millóns de euros en 2023. Un aforro que en 2024 se reducirá a 30 millóns de euros.

En Galicia queda por ver como quedan as tarifas para os usuarios habituais tras o pacto de investidura co BNG que contemplaba unha bonificación do 75 % fronte ao 50 % actual. Desta suba falaba Paula Prado desde Oroso. A secretaria xeral do PPdeG bótalle en cara ao goberno de coalición que nun momento de crise suba aínda máis as peaxes. 

"Se o Partido Socialista, Sumar, apoiados polo Bloque Nacionalista Galego isto é o que teñen que ofrecer a Galicia, nós o que temos que facer é denunciar ese maltrato constante a Galicia. Toman Galicia en broma, desprezan aos galegos e galegas, e nun momento no que a suba dos prezos está disparada, onde as o están a pasar mal, pois esta parece que é a medida do Goberno de España para paliar a subida de prezos. É dicir, poñer as peaxes das autoestradas máis caras de España aínda máis elevadas para o 2024", explicaba a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade