Cargando resultados...
O PPdeG esíxelle a Sánchez que pida perdón ás vítimas pola lei do só si é si
O PPdeG esíxelle a Sánchez que pida perdón ás vítimas pola lei do só si é si
Fixérono durante unha concentración en Vigo
G24.gal
15/02/2023 20:24
Última actualización 15/02/2023 20:45
O Partido Popular reclamou en Vigo a fin da rebaixa das penas pola lei do só si é si.
Fixérono durante unha concentración en que reclamaron a reforma da lei para que ningún delincuente sexual máis se vexa beneficiado polo que consideran unha chapuza legal.
A secretaria xeral do PPdeG aseguroulles ás vítimas dos agresores excarcerados que non están soas e reclamou que Pedro Sánchez pida perdón.
"Pedímoslle ao PSOE e ao BNG que non se poñan de perfil, que sexan valentes, que sexan conscientes de que esta lei está prexudicando os dereitos das mulleres e as vítimas. Pedímoslles que pensen nas vítimas e non nos resultados electorais, porque o seu feminismo non nos vale", destacou Paula Prado.