O PPdeG presenta os candidatos ás alcaldías de Mos e do Porriño
O PPdeG presenta os candidatos ás alcaldías de Mos e do Porriño
Os dous gobernan xa nos seus municipios, unha desde hai 15 anos e outro desde hai ano e medio
Quince anos leva Nidia Arévalo á fronte da alcaldía de Mos. Os eixes fundamentais do seu goberno, segundo di, foron mellorar a calidade de vida en termos ambientais e a xeración de máis e mellor emprego.
Menos experiencia, pero a mesma ilusión, ten Alejandro Lorenzo, candidato á alcaldía do Porriño, onde xa goberna desde hai ano e medio logo dunha moción de censura. Considera como gran logro deste tempo o saneamento das contas municipais.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez; o de Sanidade, Julio García Comesaña; a de Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o de Medio Rural, Xosé González, arrouparon esta presentación conxunta que culminou cunha degustación de callos.