Aragonès cesa o vicepresidente do Govern (de JxCat) por perda de confianza
Aragonès cesa o vicepresidente do Govern (de JxCat) por perda de confianza
O presidente catalán di que seguirá encabezando o goberno en coalición con Junts
Puigneró reacionou de madrugada en Twitter: "Pódenme cesar, pero non cesará o meu compromiso independentista"
Pere Aragonès confirmou esta noite que seguirá á fronte do Goberno da Generalitat en coalición con Junts.
Pero cesa o seu vicepresidente e conseller de Políticas Dixitais e Territorio Jordi Puigneró, máximo representaprnte de Junts no executivo catalán, por "perda de confianza" nel.
Aragonès compareceu pasadas as once da noite deste mércores desde a Galería Gótica do Palau da Generalitat, tras unha reunión extraordinaria do Govern esta tarde que se alongou algo máis de dúas horas e un posterior encontro de máis de tres horas do president co secretario xeral de JxCat Jordi Turull.
A perda de confianza débese a que onte á noite Puigneró non o informou con antelación da ameaza de Junts de pedir a Aragonès que se someta a unha cuestión de confianza, polo que o president pediu aos seus socios de JxCat que escollan un novo nome para substituílo.
Puigneró: "Pódenme cesar, pero non cesará o meu compromiso independentista"
O ata agora vicepresidente do Govern e conseller de Políticas Dixitais e Territorio Jordi Puigneró reaccionou esta madrugada á súa destitución e afirmou que o poden "cesar" do cargo, pero "o que non cesará nunca", dixo, é o seu "compromiso" independentista.
Gràcies President.
— Jordi Pu1gnerO (@jordiPuignero) September 28, 2022
Em poden cessar de Vicepresident. El que no cessarà mai és el meu compromís per treballar per la independència de Catalunya. https://t.co/XNfla2sxmS
Puigneró agradece, ademais, un chío de apoio difundido polo expresidente Carles Puigdemont, que sae na súa defensa: "A lealdade que importa é a lealdade a Cataluña. Jordi Puigneró demostrouna sempre, e desde hai anos. Dalgúns outros non poderemos dicir o mesmo cando teñan que deixar o cargo".