Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda remodela o Goberno: Vázquez ascende a vicepresidenta segunda e Quintana abandona a Xunta tras 14 anos

Rueda remodela o Goberno: Vázquez ascende a vicepresidenta segunda e Quintana abandona a Xunta tras 14 anos

Diego Calvo ascende a vicepresidente primeiro e Ángeles Vázquez será a primeira muller en alcanzar unha vicepresidencia da Xunta

Francisco Conde será cabeza de lista do PPdeG por Lugo ao Congreso e Rosa Quintana será segunda por Ourense

Elena Rivo entra no executivo para dirixir Emprego e Igualdade, xa que María Jesús Lorenzana asume as competencias que tiña Francisco Conde en Economia, Industria e Innovación

 Alfonso Villares releva a Rosa Quintana na Consellería do Mar

G24.gal 13/06/2023 19:45 Última actualización 13/06/2023 21:59

O presidente da Xunta Alfonso Rueda designou este martes o seu novo Goberno, no que Diego Calvo ascende a vicepresidente primeiro e Ángeles Vázquez sobe á Vicepresidencia segunda. Convértese na primeira muller que ostenta unha vicepresidencia da Xunta.

Unha das principais novidades desta reforma do Executivo galego é a saída da conselleira do Mar Rosa Quintana, no cargo desde 2009. Será segunda de lista do PPdeG por Ourense ao Congreso este 23 de xullo. 

Os cambios prodúcense pola saída do vicepresidente primeiro Francisco Conde, que será cabeza de lista do PPdeG por Lugo.

As responsabilidades que abandona Conde —Economía, Industria e Innovación— pasarán a mans da que ata a data era encargada de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

Outra das principais novidades desta reforma do Executivo galego é a saída da conselleira do Mar Rosa Quintana, no cargo desde 2009. Será segunda de lista do PPdeG por Ourense ao Congreso este 23 de xullo. 

Os dous novos conselleiros serán Elena Rivo, á fronte do departamento de Emprego e Igualdade, e Alfonso Villares, que será o titular da Consellería do Mar.

Elena Rivo é Doutorada en Administración e Dirección de Empresas e actualmente é a vicerreitora do campus de Ourense da Universidade de Vigo, onde tamén foi decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense.

Alfonso Villares é alcalde en funcións de Cervo (Lugo), onde acumulou cinco maiorías absolutas á fronte do consistorio.

Continúan sen cambios os conselleiros Miguel Corgos, que se mantén á fronte de Facenda e Administración Pública; Ethel Vázquez, con Infraestruturas e Movilidade; Román Rodríguez, con Cultura e Educación; Julio García, á fronte de Sanidade; Fabiola García, ao cargo de Política Social, e José González, con Medio Rural.

Rueda asinará este mércores o decreto de nomeamento dos novos membros do Executivo e os cambios nos que continúan con outras responsabilidades.

Rueda despídese dos conselleiros saíntes, dous "amigos nas boas e non tan boas"

O presidente da Xunta Alfonso Rueda dedicou unha mensaxe ao seu vicepresidente primeiro e titular de Economía, Industria e Innovación Francisco Conde e á conselleira de Mar Rosa Quintana, que definiu como "compañeiros e amigos nas boas e nas non tan boas".

"Paco e Rosa foron durante anos impulsores dalgunhas das mellores políticas para Galicia".

"A galegos como eles iralles ben en calquera destino. Grazas por tanto".

 

 

Rueda asinará este mércores o decreto de nomeamento dos novos membros do Executivo e os cambios nos que continúan con outras responsabilidades. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade