O presidente de Abanca di que non hai ningunha pretensión de utilizar o fondo CVC da liga
Escotet: "O Deportivo ten unha xerencia profesional dedicada a lograr que o equipo volva ao fútbol profesional"
Hai dous meses o presidente do Deportivo falaba así do fondo CVC: "É algo positivo poder dispoñer desa alternativa de financiamento
Javier Tebas cifrou en trinta millóns de euros o ingreso que o Deportivo podería recibir se ascende e únese ao acordo que a liga de Fútbol Profesional asinou co fondo CVC. Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, propietaria do Deportivo, expresouse nestes termos cando se lle preguntou por esa posibilidade:
“Non hai ningunha pretensión de utilizar esa oferta da liga”
"O Deportivo ten unha xerencia profesional dedicada a lograr que o equipo volva ao fútbol profesional.
Con todo, o 17-11-2021 o presidente do Deportivo Antonio Couceiro falaba así do fondo CVC da Liga:
"É algo positivo poder dispoñer desa alternativa de financiamento. Ábrenos importantes posibilidades. Haberá que ver as diferentes alternativas e esta estará como primeira delas"