Cargando resultados...
O presidente de Iberdrola chámalles parvos aos que seguen no mercado regulado da luz
O presidente de Iberdrola chámalles parvos aos que seguen no mercado regulado da luz
Di que os que están no mercado libre pagan menos agora que hai dous anos
G24.gal
05/05/2022 21:20
Última actualización 05/05/2022 21:25
O presidente de Iberdrola chámalles parvos aos que se manteñen na tarifa regulada da luz e non cambiaron ao mercado libre.
Nun acto en Valencia, Sánchez Galán asegurou que a maioría dos consumidores está pagando menos de electricidade que antes. E que só "os parvos" que se manteñen na tarifa do Goberno pagan máis.
"O 80 por cento dos españois non paga o prezo do 'pool' e está pagando menos que no ano 2018, porque baixaron os impostos. Só os parvos que seguen coa tarifa regulada marcada polo Goberno pagan ese prezo", dixo.