O presidente do Clúster de solucións ambientais: "Hai que pasar aos feitos" en Glasgow
O presidente do Clúster de solucións ambientais: "Hai que pasar aos feitos" en Glasgow
Marcos Martin admite que hai avances na boa direccion pero teme os compromisos que se acaden non sexan dabondo
O presidente do Clúster galego de solucións ambientais e economía circular cre que a conferencia do Clima pode saldarse con compromisos que, malia estar ben orientados, sexan insuficientes para logra-lo obxectivo de impedir que a temperatura no planeta se eleve por riba do grao e medio. Celebra como unha sorpresa o acordo bilateral entre Estados Unidos e China para traballar conxuntamente na loita contra o cambio climático.
Marcos Martín cre, de todos os xeitos, que "o importante é pasar das palabras ós acordos concretos".
"O importante é pasar das palabras ás accións concretas"
Marcos Martín considera tamén que en Galicia se teñen rexistrado avances moi significativos e destaca a posta en marcha da estratexia galega na loita contra o cambio climático. En concreto, sinala a redución das emisións de gases contaminantes nun 23,8 por cento.