Cargando resultados...
O prezo da luz baixa un 5,5 % e sitúase nos 153 euros o megawatt hora
O prezo da luz baixa un 5,5 % e sitúase nos 153 euros o megawatt hora
O máximo rexistrarase entre as 20:00 e as 21:00 horas e o mínimo pagarase entre as 12:00 e as 13:00
Iluminación de Nadal en Madrid
G24.gal
26/11/2022 08:57
Última actualización 26/11/2022 09:18
O prezo medio da luz para a clientela de tarifa regulada vinculada ao mercado almacenista baixa este sábado un 5,49 % respecto ao venres e sitúase nos 153,27 euros o megawatt hora (MWh).
Na poxa, a electricidade alcanzou os 130,21 euros/MWh. A este custo hai que lle sumar a compensación ás gasistas, 23,06 euros o megawatt.
O máximo rexistrarase entre as 20:00 e as 21:00 horas, 175,01 euros/MWh, e o mínimo, de 102,65 euros/MWh, pagarase entre as 12:00 e as 13:00 horas.
De non se aplicar o mecanismo da excepción ibérica, o prezo da electricidade en España alcanzaría este sábado unha media de 210,70 euros/MWh.