Publicador de contidos

Publicador de contidos

O prezo do aceite de oliva continúa en ascenso

O prezo do aceite de oliva continúa en ascenso

Está un 70 % máis caro que hai un ano

Desde que comezou o 2024 xa incrementou entre un 7 % e un 23 % segundo o tipo que merquemos

G24.gal 12/04/2024 14:25

O aceite de oliva segue en plena escalada de prezos. Está un 70 por cento máis caro que hai un ano e un 3,2 por cento máis caro que hai un mes. 

Da cesta da compra é o produto que máis sobe, e xa acumula un incremento superior ao 175 por cento nos últimos catro anos. 

O último estudo elaborado pola OCU constata que desde que comezou o ano o aceite segue en ascenso, entre un 7 e un 23 por cento, dependendo do tipo. A organización pide que se tomen medidas. 

A última chuvia podería mellorar a colleita do próximo outono. Con todo, os cooperativistas son escépticos e din que haberá que agardar a que se materialicen os resultados para ver a tan ansiada caída dos prezos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade