Publicador de contidos
Publicador de contidos

O prezo dos alimentos segue disparado en Galicia e a seca ameaza con acentuar a escalada inflacionista

O prezo dos alimentos segue disparado en Galicia e a seca ameaza con acentuar a escalada inflacionista

Soben de golpe un 1.1 por cento no mes, e azucre, manteiga, aceite de oliva e leite encarecen nun ano entre un 30 e un 50,4 %

Na taxa interanual os prezos dos alimentos creceron un 16,5 %, unha décima menos que en febreiro

 

G24.gal 15/04/2023 12:07

O incremento dos prezos dos alimentos obriga os consumidores a buscar ofertas e comparar máis ca nunca, para evitar que a situación impida chegar a fin de mes.

A escalada de prezos do último ano impactou na cesta da compra de todos os consumidores. A maioría de alimentos encareceu más dun 15 % no último ano, o que supón un grande inconveniente para os consumidores en xeral, pero tamén para os locais de restauración.

E semella que a situación non mellora a medio prazo e algúns economistas mesmo avisan de que será complicado volver ver prezos coma os de antes da suba da inflación.

Comparar prezos

A cesta da compra pode ser o dobre de cara, dependendo da provincia ou mesmo do barrio no que vivamos. Poñamos tres exemplos para velo máis graficamente:

A sandía que en Madrid se paga a case 9 euros, en Galicia custa pouco máis de catro euros e medio. Un tomate que en Sevilla vale 1 euro e 30 céntimos, custa nun supermercado galego uns 30 céntimos a unidade.

E a pescada que en Madrid se paga a 9 euros, en Galicia podemos atopala nos supermercados da Mariña Luguesa a menos de tres euros.

Na taxa interanual, de marzo a marzo, os alimentos que máis subiron son o azucre cun 50,4 % de incremento, a manteiga nun 37,7 %, os aceites de oliva nun 32,1 por cento ou os ovos nun 24,5 % e as patacas nun 19,7 %.

Subas interanuais de dous díxitos rexístranse en moitos outros alimentos como a carne de porcino, auga mineral, pan, café ou outras carnes.

Os agricultores defenden que os custos de produción incrementáronse o dobre que o prezo final dos alimentos.

A seca asfixia xa o 60 % do campo español e produce perdas irreversibles en máis 3,5 millóns de hectáreas de cereais de secaño.

Xa se dan por perdidas as colleitas de trigos e cebadas en Andalucía, Estremadura, Castela-A Mancha e Murcia, e nas zonas máis áridas de Aragón, Cataluña e Castela e León.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade