Publicador de contidos
Publicador de contidos

O primeiro Día da Nai para as que acaban de selo no hospital de Ourense

O primeiro Día da Nai para as que acaban de selo no hospital de Ourense

Doces e agasallos para celebrar a maternidade

As nais celebran as primeiras horas a carón dos seus pequenos

Celebración do primeiro día da nai despois de ter o seu cativo
G24.gal 01/05/2022 14:49

No hospital de Ourense, un ano máis, quixeron facer un agasallo ás súas pacientes que gozan das primeiras experiencias como nais neste primeiro domingo de maio. 

As profesionais da maternidade repartíronlles tarxetas e doces para homenaxealas no seu día. Máis ca nunca nestes momentos toman conciencia do que supón traer un cativo ao mundo.

Por diante quedan todos os días do ano nos que seguirán sendo nais e seguirán curando todo con bicos e aloumiños. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade