Publicador de contidos
Publicador de contidos

O primeiro paso cara ao título

O primeiro paso cara ao título

España medirase hoxe cunha Croacia que sempre rende ben nestes escenarios

G24.gal 15/06/2024 15:27

Sábado 15 de xuño, 18:00 h, Estadio Olímpico de Berlín. Ese día, a esa hora e nese escenario comeza a andadura da selección española para acadar a cuarta Eurocopa, que lle permitiría ser líder en solitario, adiantando a Alemaña, a anfitrioa, e que na xornada inaugural demostrou o seu potencial, postulándose como unha das principais candidatas ao título. Ademais xogan en casa.

O seleccionador español, Luis de la Fuente, non quixo dar pistas en conferencia de prensa, xogou ao despiste con todo o mundo, non asegura a titularidade de Nico Williams e Lamine Yamal, non se mollou no tema dos centrais, nin quen ía xogar no mediocampo, o que si se pode afirmar é que este é o primeiro gran torneo de seleccións no que o mediocampista do Manchester City, Rodri, será o líder da selección española en canto ao xogo do equipo.

En fronte unha Croacia que sempre se crece nos torneos internacionais, pese á retirada dun home importante desta xeración, como foi a de Rakitic, Croacia mantén un bloque moi sólido contando cos Brozovic, Perisic, Petkovic, Livakovic, a irrupción dun Gvardiol que xa é dos mellores centrais do mundo, e a variña dun xenio incombustible, Luka Modric. Os inicios de España nestes torneos non adoitan ser moi contundentes, e máis difícil é se en fronte tes unha selección como Croacia, pero o equipo español quere empezar con bo pé e postularse como un dos contendentes ao título.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade