Cargando resultados...
O primeiro satélite espía de Corea do Norte esnáfrase no mar
O primeiro satélite espía de Corea do Norte esnáfrase no mar
Alarma no Xapón e Corea do Sur
Corea do Norte recoñeceu que o lanzamento saíu mal
Pyonyang quere monitorizar a actividade de Estados Unidos na súa contorna
G24.gal
31/05/2023 09:33
Corea do Norte falla no lanzamento do seu primeiro satélite espía. As sirenas para avisar a poboación volvéronse activar no Xapón e en Corea do Sur. Os veciños do réxime de Pyongyang están atentos e preocupados por estas manobras; con todo, este lanzamento saíu mal, e o mísil que transportaba o satélite esnafrouse no mar. A intención da ditadura norcoreana é monitorizar os movementos de Estados Unidos na zona.