O principal sospeitoso da malleira a un mozo en Vigo non foi identificado polas testemuñas
O principal sospeitoso da malleira a un mozo en Vigo non foi identificado polas testemuñas
Ningunha das catro recoñeceu a cara do principal sospeitoso, que foi trasladado desde o cárcere da Lama, xa que está en situación de prisión provisional por tentativa de homicidio
A investigación da malleira que se produciu na rúa Hernán Cortés de Vigo en que dous mozos quedaron feridos graves continúa en curso. Nas últimas horas, as testemuñas declararon no xulgado e participaron en varias roldas de recoñecemento.
Ningunha das catro recoñeceu a cara do principal sospeitoso, que foi trasladado desde o cárcere da Lama, xa que está en situación de prisión provisional por tentativa de homicidio. Ademais, só unha delas sinalou o seu presunto cómplice, quen se desprazou desde o seu domicilio, na provincia de Ourense, xa que permanece en liberdade con cargos.
As persoas que acaban de comparecer en sede xudicial tamén relataron ante o Xulgado de Instrución número 8 a súa versión do acontecido na madrugada do pasado 30 de xaneiro na rúa Hernán Cortés de Vigo.