Publicador de contidos
Publicador de contidos

O profesorado busca transformar as aulas en espazos de creatividade

O profesorado busca transformar as aulas en espazos de creatividade

Máis de 500 profesionais participan en Compostela nos Encontros de Educación Infantil e Primaria

Comparten experiencias e traballan por ter nos centros educativos aulas cada vez máis diversas e inclusivas

G24.gal 19/11/2022 14:44 Última actualización 19/11/2022 15:13

Este sábado celébranse en Compostela os Encontros de Educación Infantil e Primaria. Neles están a participar máis de 500 profesionais do ensino. Segundo expertos internacionais, a contorna educativa ten a capacidade de aumentar ata un 25 % o rendemento escolar.

Estes encontros do profesorado de educación infantil e primaria buscan afondar na necesidade de transformar os colexios e as aulas, converténdoas en espazos, non só de aprendizaxe, senón tamén de creatividade.

Buscan lograr equilibrio e harmonía para sacar o maior rendemento do alumnado.

"Como deseñar aulas, patios, corredores, comedores escolares, de xeito que teñamos escolas que incentiven a creatividade e ese espazo de socialización", di Siro López, artista e formador.

Neste encontro comparten experiencias e traballan por ter nos centros educativos galegos aulas cada vez máis diversas e inclusivas.

"Establecemos estratexias metodolóxicas, estratexias de organización de espazos, de organización de tempo, como facer vínculo co alumnado", engade Lidia Gómez, mestra de educación en primaria.

Desde a Consellería de Educación destacan que Galicia ten avanzado moito nos últimos anos na calidade e equidade do sistema educativo, a través dos proxectos formativos.

"Temos tamén unha gran renovación dos cadros docentes ao incorporar novos profesores con metodoloxías de aprendizaxe innovadoras, con sistemas de coñecemento creativo", asegura Román Rodríguez, conselleiro de Educación.

O conselleiro tamén destacou que o sistema educativo galego conta con 4.000 profesionais que se dedican á integración do alumnado con necesidades educativas especiais no ensino ordinario e á atención á diversidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade