Publicador de contidos
Publicador de contidos

O proxecto galego-portugués 'Ponte nas ondas' incluído no manual de boas prácticas da UNESCO

O proxecto galego-portugués 'Ponte nas ondas' incluído no manual de boas prácticas da UNESCO

Unha forma de educar única que se converte nun exemplo para o mundo 

G24.gal 01/12/2022 20:59 Última actualización 01/12/2022 21:11

O manual de boas prácticas do patrimonio inmaterial da UNESCO terá a partir de agora un pouco de acento galego-portugués. O comité do patrimonio acaba de incluír o proxecto Ponte nas ondas no manual de boas prácticas das Nacións Unidas. 

Para Santiago Veloso, presidente da Asociación cultural e pedagóxica Ponte nas ondas, é
"Unha cimeira que non soñabamos hai 27 anos. O modelo Ponte nas ondas vai ser unha referencia para o mundo da educación, da cultura e do patrimonio".

A alegría anegou a delegación de ambos os países que viaxou á capital de Marrocos, entre eles, o Conselleiro de Cultura e Educación Román Rodríguez.

"Iso quere dicir que o traballo ben feito, desenvolto durante máis de 20 anos, por centos de profesores e miles de nenos e nenas galegos e do norte de Portugal, ten aquí en Rabat un recoñecemento internacional. Consolídase como unha boa práctica, mesmo se chegou dicir que era un exemplo para o mundo".

Rabat acolleu desta volta a deliberación para elixir entre as cinco candidaturas que optaban ao recoñecemento. Galicia e a rexión Norte de Portugal trouxérono para a casa.

A razón, segundo Veloso: "Esa fórmula de integrar o patrimonio na educación, coa radio, coas novas tecnoloxías, é única".

O conselleiro considera que este recoñecemento mundial é "moi importante para Galicia e moi importante para o sistema educativo de Galicia e do norte de Portugal".

Un xeito de educar no respecto e no valor do patrimonio común que naceu na raia hai 27 anos e agora sae ao mundo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade