O próximo xoves celebrarase en Santiago o Día da Morte Digna en Galicia
O próximo xoves celebrarase en Santiago o Día da Morte Digna en Galicia
A DMD critica a falta de difusión en Galicia do documento de instrucións previas e da lei de eutanasia
A DMD pide o recoñecemento oficial do 12 de xaneiro como o Día da Morte Digna
A Asociación polo Dereito a morrer dignamente lembraba habitualmente a morte de Ramón Sampedro na praia das Furnas, onde o falecido, símbolo da loita pola eutanasia, perdera a mobilidade. Este ano, coa lei de eutanasia xa en vigor, o acto vaise celebrar en Santiago de Compostela, na praza do Obradoiro, o próximo xoves. Deste xeito a asociación reivindica tamén o recoñecemento institucional do doce de xaneiro como o Día da Morte Digna en Galicia.
Os promotores da lei de eutanasia critican a falta de promoción do documento de instrucións previas
No que atingue ao desenvolvemento da lei de eutanasia en Galicia, a Asociación polo Dereito a Morrer Dignamente di que falta formación dos profesionais implicados. Tamén critican a falta da difusión da lei e do documento de instrucións previas.
Pendentes do informe oficial, ata o momento 4 persoas acolléronse á lei de eutanasia en Galicia
Desde a aprobación da lei de eutanasia, en Galicia acolléronse á mesma polo menos catro persoas, aínda que as cifras definitivas coñeceranse cando a Administración publique un informe que xa leva un atraso de arredor de tres meses.