Publicador de contidos
Publicador de contidos

Caballero avanza "un proceso de escoita" para decidir se se presenta ás primarias

Caballero avanza "un proceso de escoita" para decidir se se presenta ás primarias

A candidatura á Xunta de Galicia abrirase no mes de setembro

G24.gal 12/06/2023 15:25

Metidos de cheo nas negociacións dos pactos postelectorais en concellos e deputacións e en pleno arranque da campaña para as eleccións xerais, o partido dos socialistas de Galicia abre unha nova convocatoria. Haberá primarias tras do verán para escoller o candidato á Xunta de Galicia.

"Calquera militante que considere que ten capacidade para ilusionar á militancia e xerar un proxecto gañador pode presentarse", di Luís Álvarez, voceiro do PSdeG no Parlamento.

O anunciou facíao o líder do partido en Galicia, Valentín González Formoso ante os 200 militantes que participaron no comité nacional, o máximo órgano entre congresos. Di que o fai con tempo dabondo  para ter preparado o partido para un posible adianto das eleccións autonómicas.

E por segunda vez, o propio Formoso sinalaba a José Ramón Gómez Besteiro, nada máis anunciar a convocatoria das primarias. "Temos unha cara que levabamos moito tempo sen ver, o compañeiro José Ramón Gómez Besteiro", aseguraba Formoso.

Formoso xa anunciara hai meses que non competería con Besteiro se decidía presentarse.

Canda Besteiro hai outros nomes coma o anterior secretario xeral do Partido, Gonzalo Caballero que se posicionan na carreira. "Quero agradecer as mensaxes de apoio e os folgos que estou recibindo por parte de tantos compañeiros de toda Galicia en relacion ás primarias do PSdeG. Escoitareinos a todos eles", afirmaba Caballero.

Besteiro deixará o seu cargo institucional como Delegado do Goberno en Galicia para encabezar a lista do PSOE pola provincia de Lugo para as próximas eleccións xerais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade