O PSdeG afronta o seu Congreso inmerso nunha guerra interna
O PSdeG afronta o seu Congreso inmerso nunha guerra interna
O equipo de Gonzalo Caballero reclama diálogo e integración
Os afíns a Formoso din que non se aplicará o rodillo
Deste congreso sairán os nomes da executiva que rodeará ao novo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso. O que será elexido líder dos socialistas galegos tivo o apoio dos alcaldes das grandes cidades de Galicia nas primarias agás de Abel Caballero, o de Vigo.
Valentín González Formoso aseguraba hai uns días que está centrado na eleboración da executiva que liderará o PSdeG durante os próximos catro anos.
Formoso dixo en varias ocasións que ía buscar a integración e o consenso. Pero non desvelou detalles dos seus novos homes fortes no partido nin de que vai facer cos que apoiaron o secretario xeral saínte, Gonzalo Caballero.
O equipo de Caballero ameazaba con presentar unha candidatura alternativa ao Comité Nacional e esta mañá Caballero pedía que se escoite aos que non votaron por Formoso.
Gonzalo Caballero aseguraba que para seguir avanzando necesitamos fortalecernos e que para iso é necesario un Congreso democrático con integración, diálogo e acordo.
Os afíns a Formoso negan as acusacións de acoso feitas polo equipo de Caballero e din que a executiva será integradora.
Blás García, alcalde de Ames e membro do comité organizador do Congreso asegura que Formoso non é dos que aplican o rodillo e cualificouno de dialogante.
Ata que o mércores remate o Congreso non saberemos se finalmente haberá unha integración que permita curar as feridas abertas tralo proceso de primarias. Pedro Sánchez será testemuña directa de esta guerra interna xa que será o encargado de clausurar o Congreso