O PSdeG pídelle á Xunta que dote de orzamento a autovía da Costa da Morte
O PSdeG pídelle á Xunta que dote de orzamento a autovía da Costa da Morte
González Formoso fixo esta reclamación nun encontro coas agrupacións socialistas da comarca
O secretario xeral do PSdeG pídelle á Xunta compromisos orzamentarios coa Costa da Morte. Foi tras un encontro en Vimianzo con representantes das agrupacións socialistas da comarca.
Valentín González Formoso reclamoulle ao Goberno galego que cumpra e que incorpore nos próximos orzamentos a continuación da autovía da Costa da Morte para que a infraestrutura sexa unha realidade e non quede, dixo Formoso, en "papel mollado".
"O que reclamamos con toda a forza da Costa da Morte, con toda a forza municipal que ten o PSdeG, que a Xunta de Galicia cumpra e que incorpore no orzamento do ano que vén a partida", di Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG.