Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSdeG reta a Rueda a non “esconderse” e a que participe en todos os debates

O PSdeG reta a Rueda a non “esconderse” e a que participe en todos os debates

Formoso incidiu na importancia de que estas eleccións autonómicas teñan “por encima de todo, a esixencia do maior dos principios demócratas” como son os debates

G24.gal 03/01/2024 14:48

O secretario xeral do PSdeG, Valentín Formoso, retou este mércores ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a “non esconderse” dos galegos e a que “diga si” ás propostas de debates que hai encima da mesa.

En declaracións aos medios, o líder dos socialistas galegos incidiu na importancia de que estas eleccións autonómicas teñan “por encima de todo, a esixencia do maior dos principios demócratas” como son os debates e a confrontación de ideas e proxectos ante a cidadanía.

“Non queremos un presidente da Xunta que se esconda, que se esconda ante a sociedade galega”, abundou Formoso que cre necesario “que os valores de participación pública, participación política, de transparencia na xestión, teñan cabida nas autonómicas”.

Neste sentido, lembrou a disposición do candidato socialista, José Ramón Gómez Besteiro, a debater co xefe do Executivo autonómico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade