60.000 euros en caixas de zapatos por se acababa o mundo coa Covid: a explicación do xeneral implicado no caso Mediador
60.000 euros en caixas de zapatos por se acababa o mundo coa Covid: a explicación do xeneral implicado no caso Mediador
60.000 euros en caixas de zapatos por se acababa o mundo coa Covid: a explicación do xeneral implicado no caso Mediador
O PP reclama unha comisión de investigación e insiste en saber se hai máis deputados implicados no caso
Varios ministros socialistas repudian a trama e a ministra de Facenda acusa o PP de usar este caso para tapar as últimas novidades do caso Kitchen
Os deputados galegos citados no caso Mediador anuncian accións legais para defender a súa honra
A policía atopou na casa do xeneral retirado Francisco Espinosa máis de 60.000 euros agochados en armarios e caixas de zapatos. Cre que eses cartos son ilícitos, pagos en b de empresarios a cambio de contratos, algúns deles asinados cando traballaba para unha fundación que agora preside a número dous do Goberno.
Nadia Calviño confirmou este xoves que xa encargou unha investigación interna en canto empezou a ver "estas noticias". Nunha entrevista en Onda Cero, a vicepresidenta primeira tamén apuntou que "o nomeamento deste xeneral produciuse cando o goberno era do PP".
Durante esta xornada, varios ministros socialistas repudiaron a trama de corrupción presuntamente liderada polo que foi o seu compañeiro no Congreso, o deputado canario Bernardo Fuentes Curbelo.
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, afirmou sentir "unha gran repugnacia". Pero os socialistas tamén pasan ao ataque, cren que a relevancia que está adquirindo o caso responde a unha estratexia do PP. Para María Jesús Montero, ministra de Facenda, "o que intentan é tapar os casos de corrupción do PP, gravísimos os whatsapps da Kitchen".
Á voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, pídelle ao PP que empreguen "a mesma vara coa corrupción porque tan reprobable é a corrupción cutre como a corrupción sofisticada".
As explicacións do PSOE parecen convencer a vicepresidenta segunta Yolanda Díaz, que alaba a "contundencia" do presidente Pedro Sánchez e pediu, nunha entrevista na Cadena Ser, "ningunha broma coa corrupción".
Pero a líder de Podemos, Ione Belarra, quere máis, que o propio PSOE impulse unha comisión de investigación no Congreso.
Tamén o PP reclama unha e insiste en saber se hai máis deputados implicados na trama.
"Participaron en lupandas, consumo de drogas, foron a prostíbulos, ata tiveron que durmir no prostíbulo porque rompían o toque de queda, como cumprían a norma!", dixo en conferencia de prensa o coordinador xeral do partido. Elías Bendodo afeoulle ao PSOE que responda cun "que máis dá".
O PSOE ameaza con iniciar accións legais para defender os seus deputados que están sendo sinalados nos medios.