Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE expedienta a Carmen Calvo por absterse na votación da lei trans

O PSOE expedienta a Carmen Calvo por absterse na votación da lei trans

A exvicepresidenta exponse a unha sanción máxima de 600 euros

G24.gal 23/12/2022 16:10

O PSOE abriu expediente sancionador á exvicepresidenta Carmen Calvo por romper a disciplina do Grupo Socialista no Congreso e absterse na votación de conxunto da Lei Trans.

A instrución pode durar semanas e a deputada exponse a unha multa de 600 euros, que é a máxima que prevé o regulamento interno.

 A dirección do Grupo Socialista designará un instrutor para estudar o caso, valorando o contexto político, a transcendencia da votación e a súa actitude.

Tamén se escoitarán as explicacións da propia deputada.

Este xoves, á saída da votación da lei trans no Congreso, Carmen Calvo explicou o sentido do seu voto afirmando que está "de acordo con que exista unha lei, pero non esta lei" e que tampouco coincide "co 'non' das dereitas que non están nunca para protexer  estes colectivos".

A lei impulsada polo Ministerio de Igualdade estivo acompañada de polémica desde o principio pola falta de acordo entre os socios de Goberno, PSOE e Unidas Podemos.

 O PSOE presentou varias emendas á lei centradas en limitar a autodeterminación dos menores e para endurecer o proceso de reversión das persoas trans. Pero en comisión non conseguiu o voto favorable de ningún grupo ás súas iniciativas e ao final decidiu non manter estas propostas para o debate da lei no pleno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade