Un maltratador elude unha condena por violencia machista cambiando de xénero
Un maltratador elude unha condena por violencia machista cambiando de xénero
O Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña decidiu enviar o caso ao xuíz de instrución, xa que carecía de competencias
Na Coruña, un suposto maltratador cambiou de xénero e eludiu unha condena por violencia de xénero. O Xulgado de Violencia sobre a Muller decidiu inhibirse ante a agresión que cometeu contra súa parella.
Segundo fontes xudiciais consultadas pola TVG, esta sería a primeira vez que este xulgado envía un caso de agresión a unha muller por parte da súa parella ao xuíz de instrución por carecer de competencias, e iso que a persoa denunciada xa fora condenada previamente por varios delitos por violencia de xénero. Desta volta, o feito de que cambiara de xénero no rexistro modifica todo:
"Haberá que determinar se iso pode ser unha fraude de lei". "Non vaia ser que o cambio no rexistro sexa un vehículo para minimizar un posible delito", explica o avogado, Evaristo Nogueira.
Ao ter a consideración de muller a agresión non está tipificada como violencia de xénero, senón maltrato doméstico e as penas son menores.
"Cando se promulgou a lei (refiríndose á Lei Trans) algúns sectores de mulleres xa protestaron porque isto podía pasar, e non lles faltaba razón", resalta Nogueira.
Por iso agora son moitas as voces que esperan que sexa o Supremo o que resolva.