O PSOE leva ao Constitucional o reconto do voto exterior que lle custou un deputado
O PSOE leva ao Constitucional o reconto do voto exterior que lle custou un deputado
O PSOE recorreu ao Supremo o rexeitamento da Xunta Electoral Central
O PSOE recorrerá ao Tribunal Constitucional a sentenza do Tribunal Supremo que desestimou a súa petición de revisar 30.302 votos nulos do exterior rexistrados en Madrid nas eleccións do 23X, segundo informaron a EFE fontes socialistas.
O pasado 17 de agosto, o PSOE recorreu ao Supremo o rexeitamento da Xunta Electoral Central (XEC) a revisar os 30.302 votos nulos de Madrid, coa esperanza de poder recuperar o escano que perdeu a favor do PP tras o reconto do voto exterior.
Unha vez finalizou o escrutinio xeral co voto exterior, que confirmou un escano máis ao PP, os socialistas acudiron tanto á Xunta Electoral de Madrid como á Xunta Electoral Central para que se revisase a validez de todos os votos nulos da circunscrición de Madrid.
Desestimada a petición polo Tribunal Supremo, os socialistas levan agora un recurso ante o Constitucional.