Cargando resultados...
O quinto premio que caeu en Riotorto tocou a case toda a veciñanza
O quinto premio que caeu en Riotorto tocou a case toda a veciñanza
Repartiu case once millóns de euros, o dobre do orzamento municipal
O número foi vendido case na súa totalidade no concello
G24.gal
23/12/2023 14:27
Última actualización 23/12/2023 15:01
A lotaría puxo a Riotorto no mapa da sorte. Repartiu case once millóns de euros dun quinto premio do sorteo do Nadal, que tocou a case toda a veciñanza. Este sábado aínda están asumíndoo. Son seis mil euros por décimo.
Vendeuse case en exclusividade na administración número 1 da localidade lucense. Foi moi repartido, de feito, a felicidade espallouse por case todos os fogares. A cantidade que tocou supón duplicar o orzamento municipal.
Riotorto é un concello pequeno e, desde este venres, máis rico. A sorte chegou tamén aos concellos veciños de Barreiros e Lourenzá, ata onde chegaron varios décimos premiados.