Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Racing pasa con nota o primeiro partido (0-4)

O Racing pasa con nota o primeiro partido (0-4)

O Galicia de Mugardos fixo unha boa primeira metade pero non resistiu na segunda

G24.gal 20/07/2024 21:03

Primeiro partido de preparación para o equipo ferrolán adestrado por Cristóbal Parralo. Enfronte un equipo de preferente galega, o Galicia de Mugardos, que tan só levaba un par de adestramentos antes deste amigable. O partido xogouse nun campo da Pedreira cheo de afeccionados do Racing de Ferrol.

Na primeira metade non se evidenciou moito a diferenza de categoría entre os dous equipos. O Racing tentaba ter o balón e o control do partido, pero as ocasións non foron moi claras, algún que outro disparo a porta, pero foi o Galicia de Mugardos o que estrelou un balón contra a madeira e polo tanto acadar a ocasión máis clara da primeira metade. 

Na segunda metade apareceu a efectividade dun gran Racing de Ferrol. Anotaron Chiki, o xuvenil David Carballo, Dorrio a pase de Chiki, e Aitor Buñuel. Na segunda metade destacar esa banda dereita formada por Aitor e Dorrio e os bos movementos dun Chiki que meteu un gol e deu unha asistencia. Primeiro test de pretemporada para o Racing ante un combativo Galicia de Murgados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos