Cargando resultados...
O radar de Conxo, en Santiago, pon 1.500 multas ao mes de media
O radar de Conxo, en Santiago, pon 1.500 multas ao mes de media
No que levamos de ano xa puxo máis de 10.000 sancións
G24.gal
14/11/2023 16:11
Un dos radares urbanos máis temidos de Galicia está en Santiago. Pon unha media de 1.500 multas ao mes.
Só no que levamos de ano, xa puxo máis de dez mil sancións, e iso a pesar de que estivo dous meses sen funcionar. Só o ano pasado rozou preto de vinte e catro mil sancións, e no que levamos de ano xa superou as dez mil.
Ao principio este radar ía compartir localización co do Restollal e iría alternándose a súa localización, pero este ano non houbo tal alternancia. Moitos o descoñecen e confíanse. Outros non ven perigo neste tramo e consideran que o fin é totalmente recadatorio e que mesmo poderían propoñer poñer máis noutros puntos.