Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ramal que une a A55 coa A52 sufrirá un corte de tráfico durante catro meses

O ramal que une a A55 coa A52 sufrirá un corte de tráfico durante catro meses

As obras consistirán na substitución e mellora do sistema de contención de vehículos da marxe dereita do ramal

Ramal de unión da A55 coa A52 (Google Maps) Ramal de unión da A55 coa A52 (Google Maps)
G24.gal 05/06/2023 19:06

O Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana (MITMA) comezará mañá as obras de substitución e mellora do sistema de contención de vehículos do ramal que une a marxe dereita da A55, no quilómetro 14 da autovía, coa A52.

Esta actuación afectará ao trazado da ponte que cruza o río Louro, no termo municipal de Mos (Pontevedra), durante un período de catro meses. Para garantir a seguridade de traballadores e usuarios, o tráfico do ramal cortarase a partir das 12:00 horas de mañá martes, 6 de xuño.

Para asegurar a fluidez do tráfico durante a devandita afectación habilitarase un novo ramal de conexión provisional debidamente sinalizado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade