Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido grave tras ser atropelado cando facía deporte na A-52 en Ribadavia

Ferido grave tras ser atropelado cando facía deporte na A-52 en Ribadavia

Ía correndo pola beiravía da calzada, en sentido contrario á marcha dos vehículos

O peón foi trasladado ao hospital de Ourense (CHUO) en estado grave pero sen risco vital

G24.gal 18/08/2024 12:20

Un home de 29 anos veciño de Redondela quedou ferido grave tras ser atropelado cando facía deporte na autovía A-52, á altura de Ribadavia en Ourense.

Segundo explica a Garda Civil, o atropelo produciuse este sábado pola noite, cando un vehículo de matrícula francesa atropelou o peón no quilómetro 249 da calzada, no termo municipal de Ribadavia. O peón foi trasladado en ambulancia ao hospital de Ourense (CHUO) en estado grave pero sen risco vital.

De acordo co aviso que recibiu o instituto armado, a persoa atropelada estaba facendo deporte pola autovía á altura da gasolineira de Ribadavia. Ía en pantalón curto e camisa escura (sen chaleco) correndo pola beiravía esquerda da calzada, en sentido contrario á marcha dos vehículos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade