Publicador de contidos
Publicador de contidos

O refuxio Adopta Friol denuncia presións das administracións para devolver dous cans

O refuxio Adopta Friol denuncia presións das administracións para devolver dous cans

A Xunta e o Concello do Saviñao piden que Bimbo e Lola volvan onda o seu responsable

Os servizos xurídicos do Colexio de Veterinarios de Lugo daranlle apoio á colexiada 

Félix Aragunde 07/12/2022 14:04

Bimbo e Lola foron rescatados hai máis dun ano nun club de alterne do Saviñao. Tras ser investigado o seu dono por abandono, fíxose cargo dos cans o refuxio Adopta Friol, que agora denuncia presións por parte da Xunta e do Concello para que lle devolva os animais ao que era o seu responsable.

Rebeca Corral, veterinaria de Adopta Friol: "Nós devolvemos os animais que vaian cun destino autorizado pola lei, e estes destinos son aos que animais van en acollida, ou ben en adopción ou ben a un centro rexistrado, como somos nós".

Sobre este caso, o Colexio de Veterinarios de Lugo púxose en contacto cos seus servizos xurídicos para asesorar a colexiada de Friol, a quen apoian ante as presións recibidas.

José Luis Benedito Castellote, presidente do Colexio de Veterinarios de Lugo: "Que se lle dea razón de onde van ir eses cans, ben a un centro de acollida, coma o seu, ou a un centro de adopción. Ela só pediu iso, e ante isto houbo presións".

Pola súa parte, dende o Concello do Saviñao sinalan que o caso de abandono xa prescribiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade