Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei insta a Marrocos a concretar unha nova relación con España

O rei insta a Marrocos a concretar unha nova relación con España

A embaixadora de Marrocos non puido asistir ao acto

G24.gal 17/01/2022 21:42

O rei instou hoxe a Marrocos a concretar xa unha nova relación con España, baseada en piares máis fortes e sólidos.

Na recepción ao corpo diplomático acreditado en España, don Filipe repasou as liñas da política española para o novo ano. Na súa intervención, o rei puxo especial atención á relación con Marrocos, tras a crise entre os dous estados por causa da acollida do líder da fronte Polisario no mes de maio pasado.

A embaixadora de Marrocos fora chamada a consultas e desde aquela segue no seu país, polo cal non asistiu a este acto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade