Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei Xoán Carlos regresa a Galicia para participar nunha nova regata en Sanxenxo

O rei Xoán Carlos regresa a Galicia para participar nunha nova regata en Sanxenxo

 

Desta volta aterrou en Santiago por mor das obras do aeroporto de Peinador

G24.gal 14/05/2024 21:00 Última actualización 14/05/2024 21:08

O rei Xoán Carlos aterrou este martes en Santiago de Compostela para participar durante esta fin de semana nas regatas que se disputan na localidade pontevedresa de Sanxenxo. Procedente de Vitoria, aterrou no aeroporto da Lavacolla arredor das 19:45 horas.

Esta vez non viaxou a Peinador, como é habitual, xa que o aeródromo permanece pechado polas obras de mellora da pista. Horas antes, era a Raíña Sofía a que visitaba Galicia, concretamente Lugo, onde viaxou para coñecer o funcionamento do Banco de Alimentos de Lugo.

A visita do pai de Filipe VI prodúcese case un mes despois da súa última viaxe a terras galegas, a terceira visita no que vai de ano. O Bribón xa está inscrito na competición e entre a súa tripulación na que figuran Pedro Campos, Eduardo Marín Lasheras, Alejandro Abascal e Roi Álvarez, entre outros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade