Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei Xoán Carlos, a infanta Helena e Froilán, xuntos en Abu Dhabi

O rei Xoán Carlos, a infanta Helena e Froilán, xuntos en Abu Dhabi

O ano pasado, o emérito recibía en Semana Santa a visita das súas dúas fillas e de cinco dos seus netos

Froilán, a infanta Helena e o rei emérito en Abu Dabi/ Europa Press Froilán, a infanta Helena e o rei emérito en Abu Dabi/ Europa Press
G24.gal 09/04/2023 18:23

O rei emérito Xoán Carlos I, a súa filla, a Infanta Helena e o seu neto Felipe Juan Froilán fotografáronse xuntos en Abu Dhabi este Domingo de Resurrección.

Nunhas imaxes ás que tivo acceso o diario en liña 65ymás, aparecen os tres na entrada do Centro Abrahámico, un espazo no que conviven as relixións católica, xudía e islámica situado no Distrito Cultural Saadiyat, en Abu Dabi.

Europa Press informa de que a infanta Helena se desprazou ata os Emiratos Árabes o día 1 de abril. Segundo publicou o diario El Debate, o emérito organizou alí unha misa con motivo do aniversario do falecemento do seu pai, Xoán de Borbón.

Na instantánea difundida por 65ymas só están os tres. Non hai rastro nin mención á irmá de Froilán, Vitoria Federica, nin aos seus curmáns.

Hai un ano, o emérito recibiu en Semana Santa a visita das súas dúas fillas, as infantas Helena e Cristina, e de cinco dos seus netos: Juan, Pablo, Miguel e Irene Urdangarín e de Vitoria Federica Marichalar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade