Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pepe Vieira recibe dúas estrelas Michelin; Ceibe e O Pazo fanse con unha

Pepe Vieira recibe dúas estrelas Michelin; Ceibe e O Pazo fanse con unha

Premian a innovación culinaria, a sustentabilidade, a técnica dos chefs e mais a calidade dos ingredientes

O Pazo e Ceibe, son galardoados cunha estrela Michelín por pimeira vez e Pepe Vieira obtén a segunda estrela

Hai 16 restaurantes con estrela en Galicia

G24.gal 22/11/2022 21:51 Última actualización 23/11/2022 11:22

Chegan a Galicia dúas novas Estrelas Michelin. Recibíronas os restaurantes O'Pazo de Padrón e Ceibe de Ourense. 

E o afamado restaurante pontevedrés Pepe Vieira recibe dúas estrelas.

Inspectores e membros do xurado valoran especialmente a innovación culinaria, a sustentabilidade no traballo dos restaurantes e a técnica dos chefs mais os ingredientes que empregan.

En Galicia había ata este martes 15 establecementos que contaban coa prestixiosa Estrela Michelin, e entre eles destaca o Culler de Pau, do Grove con dúas no seu haber.

 

Os chefs do restaurante Ceibe celebran o galardón Os chefs do restaurante Ceibe celebran o galardón
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade