Publicador de contidos
Publicador de contidos

O reto do hidróxeno verde é que baixe de prezo

O reto do hidróxeno verde é que baixe de prezo

A Asociación Galega de Hidróxeno Verde agoira que esta enerxía substituirá en breve o gas natural

G24.gal 09/03/2023 22:16

Galicia ten unhas condicións excepcionais para liderar a produción de hidróxeno verde. O director da asociación AGH2 Luís Miguel Varela salienta que aquí hai fontes de enerxía renovable abondas para obter o hidróxeno. 

En opinión de Varela, Galicia debe aproveitar a oportunidade que iso representa e converterse nunha das rexións que lidere a produción e distribución de hidróxeno verde. Segundo apunta, este tipo de enerxía non tardará en substituír o gas natural. 

O principal reto agora é, sinala Varela, facer que o verde sexa máis competitivo que outros hidróxenos, como o gris ou o rosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade