Cargando resultados...
O salario medio español perde un 4% de poder adquisitivo
O salario medio español perde un 4% de poder adquisitivo
Por sectores, os máis afectados foron os da construción, co 5% de perda, seguidos dos da industria, co 4,6% e os dos servizos, co 3,8%
G24.gal
21/07/2023 14:10
Os soldos medraron en 2022 o 4 % e a inflación fíxoo o 8,4. A diferenza é do 4,4 %, segundo o informe de Adecco. Esa perda de poder adquisitivo equivale a uns 85 euros mensuais menos na construción, 91 na industria e un 64 no sector servizos.
Mentres que o salario a xornada completa perde, o poder de compra da xornada parcial aumenta un 2,4% nos últimos 5 anos.
Das 18 actividades profesionais analizadas por Adecco, só 5 melloran o seu poder adquisitivo entre 2017 e 2022: son a inmobiliaria, outros servizos, administracións públicas, educación e información e comunicacións.