Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os empresarios propoñen que os traballadores reciban o salario bruto

Os empresarios propoñen que os traballadores reciban o salario bruto

Lanzan de novo esta proposta ante a suba fiscal e co fin de concenciar os traballadores sobre o que se destina á Seguridade Social e ao IRPF

Para os sindicatos a proposta é un despropósito porque estes datos xa figuran nas nóminas

G24.gal 27/09/2024 13:00

Nova polémica con esta proposta. "Nós pensamos que os traballadores deste país deberían percibir o salario bruto e que despois o Estado o recupere, porque cando lle preguntas a alguén canto gana, so ten en conta o que lle ingresan no banco", di o presidente da CEOE, Antonio Garamendi.

Para os sindicatos a proposta é un despropósito. "O señor Garamendi pensa que os traballadores e traballadoras deste país son idiotas, hai unha cousa que se chama nómina", sinala o voceiro de CCOO, Unai Sordo.

Nunha nómina basica, os datos distribúense en dúas columnas a de devindicacións e a de deducións. "Por un lado temos as percepcións salariais que é bruto a percibir, e por outro lado a columna das deducións, o que nos restan da nómina, e a diferencia é o salario que vamos percibir", explica a asesora laboral Mónica Álvarez.

Na rúa a maioría recoñece que o único que consulta da nómina é o salario a percibir. "É o que facemos todos porque é o que nos interesa en realidade", di unha traballadora.

Descoñecen a contía que vai para a Seguridade Social ou o IRPF pero saben que son datos que están nas súas nóminas. "A contía non a miro, miro o líquido que chega ao banco e digo 'estou contento', xa está", asegura un traballador.

Os empresarios recuperan esta polémica proposta ante a suba fiscal e cada vez son máis os que piden que nas nóminas figure o custo de empresa. "O IRPF que ten que pagar o empresario así como a Seguridade Social do empresario e do traballador", explica a asesora laboral Mónica Álvarez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos