Publicador de contidos
Publicador de contidos

O San Simón de Daniberto, recoñecido co Gran Cincho de Ouro 2024 nun certame internacional

O San Simón de Daniberto, recoñecido co Gran Cincho de Ouro 2024 nun certame internacional

A mesma queixería tamén foi merecedora dun dos 104 Cinchos de Ouro polo seu Tetilla

Félix Aragunde 16/09/2024 21:13

Daniel Pérez, dono da queixería vilalbesa Daniberto, acaba de chegar da feira Fromago Cheese Experience de Zamora, onde recibiu o Gran Cincho de Ouro 2024 polo seu queixo de San Simón.

Para obter este recoñecemento, o seu produto competiu con máis de 1.200 mostras de 16 países nunha cata celebrada en Palencia en que participaron máis de 60 catadores profesionais dunha decena de países.

Daniel Pérez, Queixería Daniberto: "O queixo de San Simón que facemos nós ten unha liña que considero que é moi boa durante todo o ano. Neste caso, os catadores quedaron sorprendidos pola súa finura ao padal".

Pero ademais do Gran Cincho de Ouro, que é un dos tres maiores galardóns do certame, esta queixería de Vilalba tamén foi merecedora dun dos 104 Cinchos de Ouro e de Prata. O seu Tetilla levou un premio de ouro na categoría de leite de vaca de coagulación con enzimas.

Daniel Pérez, Queixería Daniberto: "O leite é todo o mesmo. O Tetilla ten máis fama noutras zonas, cando a nosa é a do queixo de San Simón, pero nós tamén estamos dentro da denominación de orixe, posto que pertencemos a Galicia".

Era a primeira vez que esta queixería chairega competía polos Cinchos, uns premios de renome mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar