Cargando resultados...
O Saviñao acolle a primeira festa dedicada á vendima na Ribeira Sacra
O Saviñao acolle a primeira festa dedicada á vendima na Ribeira Sacra
Unha cita que marca o comezo da recollida de uva na zona
Unha mostra ensina como se traballaba o viñedo ata os anos setenta
G24.gal
17/09/2022 15:00
Última actualización 17/09/2022 15:08
É tempo de vendima na Ribeira Sacra e nos viñedos non falta traballo. Nas adegas máis pequenas contan con rematar esta fin de semana a recollida da uva.
Non deixa de ser un traballo duro, que culmina en festa. Precisamente no Saviñao organizan a primeira festa dedicada á vendima.
Unha festa que ademais permite coñecer como se facía a vendima antigamente.