Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector agrario mobilízase polo incremento desatado dos custos de produción

O sector agrario mobilízase polo incremento desatado dos custos de produción

Reclaman un plan de emerxencia e o cumprimento da Lei da cadea alimentaria

Buscan alternativas para os cereais que viñan de Ucraína

G24.gal 11/03/2022 14:34

Sindicatos e cooperativas agrarias galegas súmanse á mobilización do día 20 en Madrid. Ás subas de luz e combustibles engádese a preocupación polos pensos, que dependen nun 40 % das colleitas ucraínas.

Non só é que os cereais vaian ser máis caros senón que nin sequera está garantido poder acceder a eles. Por iso, piden que se permita importalo de América e que se recuperen terras que non están a producir. O ministro de Agricultura asegura que xa se traballa para poder substituír canto antes os cereais rusos e ucraínos buscando novos mercados. 

Nas granxas, como esta de Bóveda, lembran tamén que hai outras subas menos visibles, como as dos fertilizantes, que incrementaron o seu prezo en máis dun 200 % no último ano. E din que mesmo os distribuidores están deixando de abastecelos polos custos do gasóleo. 

Sindicatos e cooperativas piden tamén que o orzamento da Política Agraria Comunitaria se adapte ás novas circunstancias derivadas da guerra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade