O sector bateeiro reclama na rúa a ampliación das zonas de recollida da mexilla
O sector bateeiro reclama na rúa a ampliación das zonas de recollida da mexilla
O 30 de abril acaba o prazo de recollida da cría do mexillón
O sector denuncia que o 50 por cento das bateas están baleiras
O Clúster do Mexillón continúa coas súas reivindicacións. Volveu saír este domingo á rúa e fíxoo en Santiago de Compostela.
Foi unha manifestación multitudinaria que partiu da Alameda e rematou no Obradoiro. Os bateeiros denuncian que a cría de mexillón está case esgotada. Esixen que a Consellería do Mar cambie a normativa actual e lles autorice novas zonas de traballo.
Aseguran que o sector está a atravesar un momento complicado, xa que apenas queda mexilla dispoñible nas zonas autorizadas para a súa extracción e non alcanza a cubrir as necesidades das bateas.
Piden á consellería que reconsidere a súa posición e lles permita acceder tamén ás zonas ás que acudían historicamente.
Desde o sector aseguran que a convivencia cos percebeiros é posible e que hai recursos para todos. De seguir así, din, non poden garantir a produción da vindeira campaña.