Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector conserveiro galego, preocupado porque se garanta o abastecemento de materia prima

O sector conserveiro galego, preocupado porque se garanta o abastecemento de materia prima

A asociación empresarial ANFACO-CECOPESCA reuniuse este venres co conselleiro do Mar

G24.gal 14/07/2023 15:49

A asociación empresarial ANFACO-CECOPESCA, que defende os intereses do sector transformador e conserveiro de produtos do mar, trasladou este venres ao conselleiro do Mar, Alfonso Villares, a necesidade de que se garanta o abastecemento de materia prima en condicións competitivas.

O titular de pesca visitou as instalacións da asociación e mantivo un encontro cos seus representantes para analizar a situación da industria de transformación dos produtos do mar.

Estas empresas reclaman a liberación de aranceis nos lombos de atún e que se eliminen as conservas de atún do acordo de libre comercio da Unión Europea con Tailandia.

A vindeira reunión informal de ministros de Pesca que se celebrará en Vigo centrarase na descarbonización da frota.

Dende Anfaco lamentan que non afonden máis no sector transformador, destacado en Galicia.

O Goberno de España quere que Europa coñeza de primeira man o traballo pesqueiro en Galicia e a capacidade produtiva deste sector fundamental, por iso o programa inclúe unha visita á lonxa de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade