Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector da repartición de pedidos en liña é un dos que máis está medrando

O sector da repartición de pedidos en liña é un dos que máis está medrando

O ano pasado este negocio aumentou en Galicia un 50 %

O auxe do comercio electrónico está detrás deste crecemento

G24.gal 28/04/2022 14:51

Os envíos a particulares incrementáronse un 350 % durante os últimos anos e as empresas loxísticas tiveron que adaptarse.

Na actualidade, a empresa DHL xestionan mil cincocentos paquetes cada hora. Para iso duplicaron o número de traballadores nos últimos cinco anos e acaban de ampliar as súas instalacións en máis de catro mil metros cadrados no concello de Mos. Ademais prevén seguir creando emprego. 

As empresas de loxística demandan man de obra para dar resposta a un hábito que se acelerou durante a pandemia, cada vez mercamos máis por Internet.

En Galicia, o comercio electrónico creceu nun 50 % entre os meses de novembro e xaneiro do ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade