Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector do mar, preocupado pola suspensión de varios artigos que afectan as edificacións do litoral

O sector do mar, preocupado pola suspensión de varios artigos que afectan as edificacións do litoral

No litoral galego hai centos de edificacións e empresas instaladas na costa e nas súas proximidades afectadas por esta decisión

G24.gal 25/10/2023 14:31

No litoral galego hai centos de edificacións e empresas instaladas na costa e nas súas proximidades afectadas por esta decisión. 

O Tribunal Constitucional admite a trámite o recurso do Executivo central e suspende os dous artigos incluídos na lei galega de acompañamento dos presupostos deste ano. Na práctica supón que non se poderán regularizar intervencións urbanísticas na costa pasados quince anos desde a súa construción. Desde o sector piden que se teñan en conta as particularidades desta industria en Galicia. 

En paralelo, o Constitucional terá que pronunciarse en breve sobre o segundo dos recursos interposto polo Goberno central contra a lei galega do litoral. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade