O sector dos autobuses reclama bonos de balde coma no tren
O sector dos autobuses reclama bonos de balde coma no tren
A Confederación Española de Transporte en Autobús fala de discriminación e de perdas dun 20 % de viaxeiros
Os usuarios apoian a reivindicación do sector porque ademais din que o autobús chega a moitos máis sitios que o tren
A Confederación Española de Transporte en Autobús pide que os bonos gratuítos para os trens tamén se estendan a todo o transporte público. Falan de discriminación e calculan que perderán o 20 por cento da demanda.
As patronais do sector piden un trato igualitario para todas as modalidades de transporte público e xa iniciaron un proceso de reclamación para que os bonos gratuítos se apliquen ao sector dos autobuses, ademais do ferrocarril. Varias comunidades autónomas como Andalucía, Castela e León, Cataluña, Murcia e tamén Galicia, xa remitiron diferentes escritos ao Goberno para denunciar que poden chegar a perder ata un 20 % dos seus viaxeiros habituais por mor das bonificacións no tren.
Na Confederación Española de Transporte en Autobús hai preocupación porque din que non será doado recuperar os usuarios que decidan abandonar o autobús en favor do tren.
As empresas de autobuses acusan o Goberno de discriminación ao promover os abonos de balde só en Renfe. Falan de competencia desleal porque din que ambos son transporte público cun contrato que cumprir. Os viaxeiros apoian a súa reivindicación.
Os propios usuarios lembran que o autobús pasa por moitos lugares onde non chegan as liñas de tren, especialmente en Galicia, por mor da nosa especial orografía e dispersión territorial.
Desde a Confederación Española de Transporte en Autobús contabilizan máis de 100 liñas de tren subvencionadas que coinciden coas súas rutas, e calculan que a demanda caerá nun 20 por cento. A preocupación vai máis aló porque pensan que será complicado recuperar parte dos usuarios que decidan abandonar o autobús en favor do tren.