En menos de dez anos conduciremos coches eléctricos, sen volante e cun interior moi diferente
En menos de dez anos conduciremos coches eléctricos, sen volante e cun interior moi diferente
O sector da automoción traballa en Galicia no vehículo do futuro
Centros tecnolóxicos, como Aimen e o Cetag, xunto a universidade e varias pymes traballan neste reto liderado por Stellantis
Darlle ao cliente futuro o que pide e predicir que vehículo imos ter nun horizonte de menos de dez anos é un dos obxectivos do proxecto Facendo Plus en que expertos e investigadores deseñan o coche do futuro.
Será eléctrico, sostible e sen volante. Ademais primará o confort e tamén o deseño será moi importante, tanto o exterior como o espazo interior do vehículo.
Centros tecnolóxicos como Aimen e o Cetag, xunto á universidade e varias peme traballan neste reto liderado por Stellantis.
O proxecto que arrancou hai un ano conta cunha axuda de case dez millóns de euros do Goberno galego e estará rematado no 2026.