Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector pesqueiro teme que o veto á pesca de fondo poña en perigo a campaña de Nadal

O sector pesqueiro teme que o veto á pesca de fondo poña en perigo a campaña de Nadal

Cren que poden escasear especies como a cigala, o peixe sapo ou a pescada

G24.gal 11/10/2022 20:46

Os arrastreiros de litoral volven a porto con boas capturas, pero cren que a situación se vai complicar dentro dunhas semanas.

De momento poden esquivar as augas profundas, pero cara ao inverno é cando adoitan pescar preto dos cantís. E agora téñeno prohibido.

Iso vai implicar, din, menos capturas e prezos máis altos para o Nadal.

A preocupación trasládase tamén ás prazas, onde este martes xa notaron a merma das capturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade