Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Senado culmina a renovación do CXPX pactada por PP e PSOE nomeando outros dez vogais

O Senado culmina a renovación do CXPX pactada por PP e PSOE nomeando outros dez vogais

Unha vez que tanto os elixidos polo Congreso como os do Senado tomen posesión do seu cargo, terán entre tres e sete días para elixir o seu presidente, que tamén o será do Tribunal Supremo

Europa Press (Arquivo) Europa Press (Arquivo)
G24.gal 24/07/2024 13:31

O Pleno do Senado designou este mércores os dez novos vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) que lle corresponden en virtude do pacto selado polo PP e o PSOE. Cumpriuse o guión previsto e todos alcanzaron sen problemas o mínimo de 159 votos que requirían para que as súas candidaturas prosperasen.

A votación produciuse mediante a introdución de cadansúa papeleta en cinco urnas: unha para elixir os seis vocais titulares da quenda xudicial, outra para os catro xuristas titulares de recoñecido prestixio, outras dúas para os vogais suplentes de ambas as quendas e unha última para a votación do maxistrado do Tribunal Constitucional.

En concreto, os catro xuristas elixidos na Cámara Alta foron: Ricardo Bodas (Maxistrado xubilado da Sala 4.ª do Tribunal Supremo), Bernardo Fernández (Expresidente do Consello Consultivo de Asturias), Luis Martín Contreras (Letrado da Administración de Xustiza da Sala 3.ª do Tribunal Supremo) e Isabel Revuelta (Letrada das Cortes).

E os seis da quenda xudicial: José Antonio Montero (Maxistrado do Tribunal Supremo), José Eduardo Martínez Mediavilla (Presidente da Audiencia Provincial de Cuenca), Esther Rojo (Presidenta da Audiencia Provincial de Valencia), Carlos Hugo Preciado (Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña), Alejandro Abascal (Audiencia Nacional) e Lucía Avilés (xuíza do penal de Mataró, Barcelona).

Este martes, o Pleno do Congreso xa nomeou os outros dez vogais que conforman o órgano de goberno dos xuíces. Unha vez que todos eles, tanto os elixidos polo Congreso coma os do Senado, tomasen posesión do seu cargo, terán entre tres e sete días para elixir o seu presidente, que tamén o será do Tribunal Supremo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade